10/29/2021

Recomendacións lectoras

O alumnado de 6º Primaria recomenda as seguintes lecturas da nosa biblioteca ao resto de compañeiros e compañeiras do centro. 

Estades preparados e preparadas para saber que recomendacións nos traen os compañeiros e compañeiras?


 



Contos de Samaín

Que mellor maneira de celebrar o Samaín que contando contos terroríficos?

Estades preparados e preparadas para escoitar os contos que prepararon os nenos e nenas do noso colexio?

Tomade asento e desfrutade desta sesión de contacontos!





(Adaptación ao galego feita polo alumnado de 5º de Primaria)

 


 
(Adaptación ao galego feita pola aula específica)
 


Conxuros de Samaín

Para festexar o Samaín dende o alumnado de 4º de Educación Infantil ata o de 6º de Educación Primaria inventamos uns conxuros moi graciosos.

Para poder velos tedes que premer enriba da imaxe.

-- Educación Infantil:



-- Educación Primaria:





10/28/2021

Correlingua Inmunízate co galego!

O alumnado de 5º de Educación Infantil e o de 3º de Educación Primaria participaron en dous concertos virtuais para festexar a Festa do Correlingua!

Como agasallo pola súa participación recibiron unhas fermosas mochilas.


 


 

 


Obradoiro sobre Mulleres Científicas

O día 3 de novembro o alumnado de 5º de Primaria participará no Obradoiro de Mulleres Científicas para coñecer, máis de preto, a figura de Ánxeles Alvariño e Isabel Zendal.


 

10/22/2021

Adiviñas de outono

Coa chegada do outono o alumnado de 3º de Primaria foi o encargado de pescudar diferentes adiviñas sobre esta estación do ano.

A continuación, tedes unha mostra do seu traballo:








 

10/01/2021

O Papagaio

 O xornal do Papagaio deste mes de Outubro xa está dispoñible na nosa biblioteca

Tamén o podes ler premendo na imaxe.