11/29/2021

Recomendacións lectoras

O alumnado de 5º de Primaria recomenda as seguintes lecturas a todos os compañeiros e compañeiras do colexio.


 Parabéns polo voso traballo!

11/27/2021

"Mans que coidan"

O 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A nivel centro fixemos unha exposición que leva por título "As mans que coidan" onde aparecen soamente as mans do noso alumnado facendo diferentes tarefas. Á vez que fixemos un marcapáxinas que posteriormente empregaremos na Hora ler para marcar a páxina na que quedamos.




Dende as aulas traballamos diferentes contos. O alumnado de 3º de Primaria traballou o conto "Artur e Clementina".




 

11/19/2021

Fomentamos o Galego!

O alumnado de 3º de Primaria foi o primeiro en levar os seus carteis sobre o fomento do galego a catro establecementos do noso Concello.

A continuación podedes ver os seus carteis:


 

 

 

 

 

 




 

 

 

 

 

 

Dende aquí queremos darlle as grazas aos propietarios dos establecementos que visitou o noso alumnado xa que foron moi ben acollidos. Grazas!


11/12/2021

Magosto

O día 11 de novembro celebramos o Magosto. Foi moi divertido para o alumnado xa que degustaron unhas saborosas castañas e xogaron a diferentes xogos tradicionais tendo en conta que o tempo tamén nos acompañou.

Se queredes ver que tal o pasaron soamente tedes que premer na imaxe para ver o vídeo. Agardamos que vos guste!



Refráns do Magosto

Dende o alumnado de 4º de Educación Infantil ata os de 6º de Educación Primaria traballamos os refráns relacionados co Magosto.

Mirade que bonitos quedaron os nosos murais:




























Parabéns polo voso traballo!

11/04/2021

Chegou o Outono!

O Outono chegou ao noso centro!

Grazas ás fermosas manualidades que fixeron os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria con produtos típicos desta época do ano a nosa exposición quedou xenial!

Queredes ver o resultado? Podes escanear o código QR ou premer na imaxe.

 






Parabéns polo voso traballo!

11/03/2021

Obradoiro sobre Mulleres Científicas

O alumnado de 5º de Primaria participou no Obradoiro sobre Mulleres Científicas para coñecer a Ánxeles Alvariño e Isabel Zendal.

Foi unha actividade moi interesante e divertida na que o alumnado aprendeu moitas cousas sobre estas dúas científicas.

A continuación, tedes unha mostra do ben que o pasaron:











 

Magosto!

O vindeiro día 11 de novembro celebraremos o Magosto no patio do colexio respetando os grupos burbulla.

Non esquezades traer castañas pero sobre todo moitas ganas de pasalo ben e divertirvos!


 



Cancións do Magosto

No mes de novembro celebramos o Magosto e que mellor que facelo coas seguintes cancións para ir quentando o corpo!

 


Non esquezades bailar e desfrutar moito!


 

11/02/2021

O Papagaio

Xa chegou o mes de novembro e con el unha nova edición do noso xornal preferido "O Papagaio"!

Na biblioteca tedes un exemplar para ler cantas veces queirades ou se preferides tamén o podedes ler en formato dixital.

Non esquezades desfrutar da lectura!