2/26/2022

Traxes típicos do Entroido

Coa finalidade de coñecer un pouco máis os traxes típicos do noso Entroido por cursos investigamos a orixe dos seguintes:

 - Educación Infantil:O Peliqueiro

 - 1º e 2º de Primaria:O Boteiro

 - 3º e 4º de Primaria:O Cigarrón


 - 5º e 6º de Primaria:A Pantalla

 - Aula específica:Os Volantes


Así de ben quedou o noso gran mural:



Parabéns a todas e todos polo voso traballo!

 

2/24/2022

Poemas de Rosalía de Castro

O alumnado de Educación Infantil e o de 4º de Primaria recitaron uns fermosos poemas de Rosalía de Castro.

Estades preparados e preparadas para escoitalos?

- Educación Infantil:

- 4º de Primaria:


 


2/23/2022

Día de Rosalía de Castro

Así de fermosos quedaron os nosos traballos para celebrar o aniversario da nosa escritora máis ilustre, Rosalía de Castro.

Educación Infantil:








 

 

 

 

 

 

1º de Educación Primaria:

3º de Educación Primaria:

 

6ºA de Educación Primaria:






 

 

Mandato da Meca: xoves

 Mandato da Meca:

"As túas mellores galas traerás, para o Entroido festexar."


 


2/22/2022

2/21/2022

O traxe do Cigarrón

 As alumnas e os alumnos de 3º e 4º de Primaria investigamos as partes do traxe do Cigarrón. Tras pescudar e internet e coa axuda das nosas mestras fixemos o seguinte traballo:


Viva o cigarrón de Verín!


Mandato da Meca: martes

 Mandato da Meca:

"O martes, para troulear, a roupa de mil cores debes levar."


 

Organización Entroido

A continuación tedes a organización desta semana de Entroido. Esperamos que disfrutedes moito!


 

 


2/17/2022

Mandatos da Meca

O Entroido chegou o noso cole e que mellor que seguir os mandatos da Meca para desfrutar destes días tan divertidos.



 


2/14/2022

Cancións de Entroido

 O Entroido está a piques de chegar e que mellor maneira de facelo que a ritmo de baile.

A continuación tedes varias cancións para bailar:






2/11/2022

Fomentamos o galego!

O alumnado de 6ºA de Educación Primaria visitou varios establecementos do Concello de As Neves para entregarlle os carteis que fixeron promocionando o uso da lingua galega.

Mirade que chulos lles quedaron!






 

 

 

 

 

 

 

Grazas a todos os establecementos que colaboraron nesta iniciativa.

2/03/2022