1/31/2022

Día Escolar da non violencia e da Paz

Con motivo da celebración do Día Escolar da non violencia e da Paz fixemos as seguintes actividades:

-- A nivel centro fixemos o mural “Pecha os ollos e pensa na Paz que ves”. Todo o alumnado escribiu nunha cartolina unha palabra que se identifique coa Paz.


-- A nivel aula proxectáronse e traballáronse diferentes curtas e contos. O alumnado de 3º de Primaria traballou o conto “O lapis máxico de Malala”. En torno a este conto fixose un mural onde cada lapis ten un desexo que lles gustaría que se cumprira. 








 

 

 

 

Cada alumno/a de maneira individual fixo un cartel sobre Malala e tamén escribiron un acróstico coa palabra PAZ.







 

1/25/2022

Adiviñas de Inverno

Se queres xogar as adiviñas de inverno soamente tes que fixarte nas que recopilaron as alumnas e os alumnos de 4º de Primaria.

 





1/24/2022

Fomentamos o galego!

O alumnado de 4º de Educación Primaria fixo uns fermosos carteis promocionando o uso da lingua galega. Con moita ledicia colocáronos en dous establecementos do Concello de As Neves.

A continuación tedes unha mostra da súa entrega de carteis:


Grazas aos establecementos que colaboraron con nós nesta actividade.

1/20/2022

Concurso: Búscase logotipo para a noso cole!

O 30 de xaneiro celébrase o Día da ilustración e en colaboración coa biblioteca aproveitamos ese data para proporvos o seguinte concurso.

Contamos coas vosas ideas!

1/18/2022

Recomendacións lectoras

O alumnado de 4º de Primaria visitou a nosa biblioteca para recomendarlle a todo o alumnado do colexio diferentes lecturas. 

Estades preparados e preparadas para saber que nos recomendan?

 


1/17/2022

Concurso Búscase a Talento

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participa no Concurso Búscase a Talento organizado pola Deputación de Pontevedra que pon en marca a campaña de adquisición e uso de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos.

Os/As alumnos/as crearon a súa careta de Talento, un personaxe divertido, creativo e libre.

A continuación, tedes as seus traballos:

- Alumnado de 3º de Primaria:

 

















- Alumnado de 4º de Primaria:

 














Parabéns polas vosos traballos!